saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria do Parlamento de Galicia prevista para o 14 de xuño de 2022

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 14 de xuño de 2022, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 7 de xuño de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Textos Lexislativos
 

1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. dos Socialistas de Galicia, de reforma do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade (doc. núm. 17222, 11/PPL-000008)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 155, do 16.06.2021
 
1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, galega de residencias de maiores (doc. núm. 30480, 11/PPL-00010)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 277, do 16.02.2022
 
Punto 2. Comparecencias
 

2.1 35684 (11/CPP-000087)
Do conselleiro de Sanidade, por petición propia, para informar sobre as medidas desenvoltas e das futuras actuacións previstas na atención primaria ante a situación de déficit de especialistas en medicina de familia
 
Acumúlase na anterior a seguinte:
 
2.2 35648 (11/CPP-000085)
Do conselleiro de Sanidade, por petición dos dezanove deputados e deputadas do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, para informar da situación na que se atopa a sanidade pública galega, e en particular a atención primaria, así como as medidas que ten previsto poñer en marcha na época estival
 
Punto 3. Mocións
 

3.1 35305 (11/MOC-000099)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Albert, María
Sobre a propiedade veciñal dos montes en man común (Moción a consecuencia da Interpelación nº 30337, publicada no BOPG nº 277, do 16.02.2022, e debatida na sesión plenaria do 24 de maio de 2022)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 325, do 01.06.2022
 
3.2 35314 (11/MOC-000100)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen
Sobre a política do Goberno galego en materia de emprego (Moción a consecuencia  da Interpelación doc. núm. 33434, publicada no BOPG núm. 306, do 12 de abril de 2022, e debatida na sesión plenaria do 24 de maio de 2022)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 325, do 01.06.2022
 
3.3 35353 (11/MOC-000101)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat
Sobre a loita contra a endometriose (Moción consecuente á Interpelación doc. núm 34252, publicada no BOPG núm. 315, do 4 de maio de 2022 e debatida na sesión plenaria do 24 de maio de 2022)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 325, do 01.06.2022
 
3.4 35387 (11/MOC-000102)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís
Sobre a distribución de fondos públicos a entidades locais mediante convenios (Moción consecuente á Interpelación doc. núm 30478, publicada no BOPG núm. 282, do 24 de febreiro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 24 de maio de 2022)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 325, do 01.06.2022
 
Punto 4. Proposicións non de lei

 
4.1 9754 (11/PNP-000976)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da convocatoria da Comisión Mixta de Transferencias para impulsar a transferencia a Galicia da xestión da autoestrada AP-9 e das outras competencias reflectidas nos acordos parlamentarios
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 91, do 10.02.2021
 
4.2 23835 (11/PNP-002145)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Ministerio do Interior da articulación dun concurso de méritos na Policía Nacional para cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 218, do 28.10.2021
 
4.3 33795 (11/PNP-002963)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 7 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España en relación coa tramitación ambiental dos parques eólicos e a non aplicación dos criterios do Real decreto lei 6/2022 para eliminar en determinados parques eólicos o procedemento de avaliación ambiental, o trámite de información pública e as peticións de informes sectoriais que permiten unha axeitada tramitación ambiental
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 312, do 27.04.2022
 
4.4 34225 (11/PNP-003011)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego respecto de informar o Parlamento sobre a creación da Comisión de avaliación e seguimento da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 315, do 04.05.2022
 
4.5 35029 (11/PNP-003099)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa redacción do Plan especial do porto de Cambados, a tramitación da desafectación dos terreos urbanos que xa non teñen actividade portuaria e a garantía da permanencia das depuradoras radicadas en Tragove
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 323, do 25.05.2022
 
4.6 35045 (11/PNP-003102)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Albert, María e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para rematar coa precarización do persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 323, do 25.05.2022
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 25221 (11/INT-001320)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre a política do Goberno galego respecto da autorización de parques eólicos
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 232, do 24.11.2021
 
5.2 34003 (11/INT-001733)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
Sobre os equipos de valoración de dependencia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 315, do 04.05.2022
 
5.3 35222 (11/INT-001807)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre a política do Goberno galego en materia de atención primaria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 325, do 01.06.2022
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
 
6.1 35673 (11/POPX-000069)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as medidas adicionais previstas para mellorar a atención sanitaria
 
6.2 35681 (11/POPX-000070)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre as medidas que vai adoptar a Xunta de Galicia ante a crise de prezos
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 35656 (11/PUP-000257)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
Sobre o modelo eólico do Goberno galego na actualidade
 
7.2 35674 (11/PUP-000259)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 5 máis
Sobre a valoración polo Goberno galego do actual modelo de desenvolvemento eólico de Galicia
 
7.3 33825 (11/POP-004911)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Calvo Pouso, Diego e 6 máis
Sobre a valoración do Goberno galego respecto dos plans do Goberno central á hora de planificar a renovación das liñas de autobuses da súa competencia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 312, do 27.04.2022
 
7.4 29904 (11/POP-004474)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 2 máis
Sobre o cumprimento por parte do Goberno galego das súas obrigas de conservación e mantemento dos inmobles incluídos no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 277, do 16.02.2022
 
7.5 35669 (11/PUP-000258)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lourenzo Sobral, Manuel Antonio
Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia para ampliar o instituto de ensinanza secundaria de Soutomaior e atender as necesidades que está a demandar a comunidade educativa
 
7.6 35169 (11/POP-005083)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as condicións do traslado dunha paciente do Rosal o pasado 20 de maio
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 323, do 25.05.2022
 
7.7 35255 (11/POP-005092)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre a valoración do Goberno galego acerca de que os concellos engadan factores de atracción para as ofertas laborais e profesionais de atención primaria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 325, do 01.06.2022
 
7.8 35010 (11/POP-005062)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 4 máis
Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia para impedir que se repita a situación en que se atopan as persoas usuarias da residencia de maiores Mi Casa, no concello de Pazos de Borbén
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 323, do 25.05.2022
 
 
7.9 34081 (11/POP-004947)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vega Pérez, Daniel e 6 máis
Sobre as conclusións do informe presentado sobre o aumento de custos de produción no sector vacún de leite en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 315, do 04.05.2022
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
 
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2022

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina