saltar ao contido

A valedora do Pobo entrega ao Parlamento de Galicia o Informe ordinario de 2021

Santiago, 20 de xuño de 2022.- A valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, o Informe ordinario da institución correspondente ao exercicio de 2021.
 
Coa entrega do Informe da Valedora do Pobo ao Parlamento de Galicia comeza a tramitación parlamentaria do documento, que previsiblemente será cualificado pola Mesa da Cámara desta semana, continuará cunha comparecencia da valedora ante a Comisión de Peticións e rematará cunha comparacencia da valedora ante o Pleno do Parlamento de Galicia.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina