saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria do Parlamento de Galicia prevista para o 12 de xullo de 2022

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 12 de xullo de 2022, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 5 de xullo de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Elección de candidatos para a cobertura de dúas vacantes de membros do Consello de Contas de Galicia (11/DMCC-000002)
 
Punto 2. Elección de dous membros do Consello de Administración da Corporación Radio Televisión de Galicia (11/CRTG-000002)
 
Punto 3. Informe anual do Valedor do Pobo correspondente ao ano 2021 (doc. núm. 36188, 11/IVAL-000003)
 
Punto 4. Comparecencia
 
4.1 36705 (11/CPP-000093)
Do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, por petición propia, para informar sobre os avances na FP en Galicia
 
Punto 5. Mocións
 
5.1 36624 (11/MOC-000106)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís
Sobre a política do Goberno galego respecto do uso agrícola ou forestal de terras de vocación agrícola procedentes de procesos de concentración parcelaria (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 35117, publicada no BOPG núm 323, do 25 de maio de 2022, e debatida na sesión plenaria do 28 de xuño de 2022)
 
5.2 36627 (11/MOC-000107)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez López, Daniel
Sobre a sinistralidade laboral (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 34926, publicada no BOPG núm. 323, do 25 de maio de 2022, e debatida na sesión plenaria do 28 de xuño de 2022)
 
5.3 36638 (11/MOC-000108)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio
Sobre os servizos de medicina interna (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 35511, publicada no BOPG núm. 328 do 8 de xuño de 2022, e debatida na sesión plenaria do 28 de xuño de 2022)
 
Punto 6. Proposicións non de lei
 
6.1 32338 (11/PNP-002796)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da elaboración dun plan de actuación contra a pobreza e a exclusión social
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 23.03.2022
 
6.2 34528 (11/PNP-003045)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para dirixirse ao Parlamento Europeo, aos Grupos Parlamentarios nel presentes e á DG Mare para rexeitar as propostas que leven á limitación ou eliminación do emprego de artes de fondo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 318, do 12.05.2022
 
6.3 35586 (11/PNP-003161)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pomar Tojo, Carmen María e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta ao Goberno de España para que teña en conta as peculiaridades que ten Galicia no deseño do novo mapa concesional das liñas de transporte por estrada da súa competencia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328, do 08.06.2022
 
6.4 36019 (11/PNP-003209)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Ríos Santomé, Paulo e 2 máis
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego fronte ao aumento dos problemas de saúde mental na mocidade galega
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 334, do 22.06.2022
 
6.5 36278 (11/PNP-003239)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Lago, Noelia e 2 máis
Sobre a convocatoria de axudas á vivenda no marco do Bono Alugueiro Novo e a posta en marcha dun plan estratéxico para o acceso á vivenda da mocidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 338, do 29.06.2022
 
6.6 36461 (11/PNP-003259)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia en materia de atención primaria
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 338, do 29.06.2022
 
Punto 7. Interpelacións
 
7.1 14766 (11/INT-000862)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa regulación da Tarxeta Básica
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 134, do 05.05.2021
 
7.2 16979 (11/INT-000990)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego respecto da autonomía e suficiencia financeira das entidades locais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 155, do 16.06.2021
 
7.3 33780 (11/INT-001721)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 2 máis
Sobre o incremento dos prezos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 312, do 27.04.2022
 
Punto 8. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
 

8.1 36694 (11/POPX-000073)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as medidas que ten previsto adoptar o Goberno galego para axudar aos colectivos máis necesitados
 
8.2 36697 (11/POPX-000074)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para dar resposta á crise económica e sanitaria que sofre a cidadanía galega
 
Punto 9. Preguntas ao Goberno
 
9.1 36686 (11/PUP-000265)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 3 máis
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para solucionar a situación de escaseza de socorristas que se dá en todo o territorio galego
 
9.2 36700 (11/PUP-000266)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Gómez, Alexandra
Sobre que medidas vai tomar a Xunta de Galicia como consecuencia da condena á CRTVG por manipulación informativa e falla de pluralidade dos medios
 
9.3 35680 (11/POP-005147)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes e 2 máis
Sobre as medidas de protección previstas pola Xunta de Galicia para o espazo natural das Brañas do Deo nos concellos de Aranga, Oza-Cesuras e Curtis
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 332, do 15.06.2022
 
9.4 35841 (11/POP-005164)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e Otero Lago, Noelia
Sobre as inspeccións e o seguimento da prestación do servizo de transporte escolar
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 334, do 22.06.2022
 
9.5 35262 (11/POP-005093)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Lago, Noelia e Díaz Varela, Noa Susana
Sobre a educación afectivo-sexual nos centros educativos co fin de previr abusos e violencia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 325, do 01.06.2022
 
9.6 31101 (11/POP-004600)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 8 máis
Sobre as actuacións do plan Emprega Xuventude
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 286, do 02.03.2022
 
9.7 26569 (11/POP-003727)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre as accións que está a levar a cabo a Xunta de Galicia para promover melloras na plataforma Telea
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 12.01.2022
 
9.8 35614 (11/POP-005141)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 3 máis
Sobre a avaliación por parte do Goberno galego da repercusión do peche de camas, diminución de quirófanos, probas diagnósticas e consultas nas listas de espera na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 332, do 15.06.2022
 
9.9 36150 (11/POP-005216)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 6 máis
Sobre as previsións da Xunta de Galicia en relación co desenvolvemento do Plan de infraestruturas sanitarias de atención primaria na provincia de Ourense
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 334, do 22.06.2022
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2022

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina