A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 15 de xullo de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 35879 (11/PNC-003306)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda por parte da Xunta de Galicia ao Goberno de España do inicio de actuacións conducentes ao aumento da cota española de abadexo na zona VIIIc
BOPG n.º 334, do 22.06.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España:
1. O inicio de actuacións conducentes ao aumento da cota española de abadexo na zona VIIIc, ben con intercambios de cota con outros Estados membros ou aproveitando a flexibilidade interanual que o Regulamento de TAC e cotas permite.
2. Establecer medidas de ordenación da pesquería que adecúen e afinen os modelos de xestión das cotas para evitar tanto estrangulamentos ou consumos exiguos, de forma que se permita o desenvolvemento da pesca durante todo o ano, especialmente nos meses de maior valor da especie en lonxa."