saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria do Parlamento de Galicia prevista para o 3 de agosto de 2022

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión extraordinaria o próximo día 3 de agosto de 2022, ás  11  horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 29 de xullo de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:


Punto único. Debate e votación do límite de gasto non financeiro da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, ao que se refire o artigo 12 da Lei 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira (doc. núm. 38322, 11/LGNF-000003).


Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2022

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina