saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 14 de setembro de 2022

4.4 39651 (11/PNP-003393)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno de España para garantir a viabilidade e a competitividade da industria electrointensiva
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 371, do 31.08.2022
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno de España a:
 
1. Manter un diálogo aberto coas Comunidades Autónomas para identificar as medidas necesarias para permitir a viabilidade da industria electrointensiva, tomando como o exemplo os plans autorizados pola Comisión Europea a outros Estados membros.
 
2. Avanzar na tramitación do PERTE anunciado para a descarbonización da industria electrointensiva, concretando prazos e os programas a impulsar no marco dunha cogobernanza real e efectiva.
 
3. Explorar o deseño de mecanismos de colaboración análogos ao asinado com ArcelorMittal coa fin de apoiar o futuro da planta de Alcoa en San Cibrao”.
 
4.5 39667 (11/PNP-003394)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 14 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno central en relación coa situación que está a atravesar a atención primaria no sistema sanitario
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 371, do 31.08.2022
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia:
 
1. Acorda o seu apoio ás medidas incluídas no ‘Manifesto de conselleiros de sanidade para a toma de medidas estatais urxentes en materia de atención primaria’ respaldado por sete gobernos autonómicos e pola maioría do Congreso dos Deputados.
 
2. Insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España ao cumprimento do mandato parlamentario que lle insta a adoptar estas medidas, trala aprobación dunha resolución no Congreso dos Deputados nese sentido”.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina