saltar ao contido

Acordo da Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 16 de setembro de 2022

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 16 de setembro de 2022, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 37763 (11/PNC-003450)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Sánchez, Rosalía e 13 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para impulsar a elaboración dunha guia ou de material que axude aos centros educativos a dotarse de instrumentos e mecanismos de actuación para a prevención e o tratamento das situacións de acoso escolar baseadas en actuacións racistas e/ou xenófobas
BOPG n.º 353, do 01.08.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que, con encaixe co previsto na normativa vixente e nunha nova Estratexia Galega de Convivencia Escolar, impulse a elaboración dunha guía ou de material que axude aos centros educativos a dotarse de instrumentos e mecanismos de actuación para a prevención e o tratamento das situacións de acoso escolar baseadas en actuacións racistas e/ou xenófobas”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina