saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 20 de setembro de 2022

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 20 de setembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións

 
- 27679 (11/PNC-002534)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para realizar unha análise da situación sociolaboral e económica da frota de arrastre de litoral que permita determinar de forma específica as necesidades de actuación neste ámbito da frota
BOPG n.º 259, do 19.01.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a realizar, en colaboración co sector e co Consello Galego de Pesca, unha análise da situación sociolaboral e económica da frota de arrastre de litoral que permita determinar de forma específica as necesidades de actuación neste ámbito da frota”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina