A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 27 de setembro de 2022, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 20 de setembro 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Textos lexislativos
1.1 Proposta de tramitación polo procedemento de lectura única do Proxecto de lei de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde (doc. núm. 41316, 11/PL-000015)
1.2 Debate e votación do Ditame, elaborado pola Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, do Proxecto de lei de áreas empresariais de Galicia (doc. núm. 35140, 11/PL-000014)
Publicación do Ditame da Comisión, BOPG n.º 381, do 16.09.2022
Publicación dos votos particulares, BOPG n.º 381, do 16.09.2022
Punto 2. Comparecencias
2.1 41345 (11/CPP-000104)
Do presidente da Xunta de Galicia, por petición propia, para informar dos principais eixos e liñas estratéxicas dos orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano 2023
2.2 40969 (11/CPP-000101)
Da conselleira do Mar, por petición propia, para dar conta dos retos aos que se enfronta o sector do mar ante as últimas decisións da Comisión Europea
Acumúlase na anterior a seguinte:
2.3 41266 (11/CPP-000102)
Da conselleira do Mar, por petición dos 19 deputados e deputadas do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, para explicar as accións que se van levar a cabo no futuro inmediato e as medidas que prevé adoptar fronte ás consecuencias da decisión da Comisión Europea anunciada o pasado día 15 de setembro sobre o peche de 87 zonas do Atlántico Nororiental para todas as artes de fondo
Punto 3. Mocións
3.1 41085 (11/MOC-000111)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Albert, María
Sobre a política do Goberno galego en materia de prevención de incendios forestais (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 37467, publicada no BOPG núm. 376, do 8 de setembro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 13 de setembro de 2022)
3.2 41254 (11/MOC-000112)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
Sobre a política do Goberno galego respecto da autonomía e suficiencia financeira das entidades locais (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 16979, publicada no BOPG núm. 376, do 8 de setembro 2022, e debatida na sesión plenaria do 13 de setembro de 2022)
3.3 41255 (11/MOC-000113)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio
Sobre o plan extraordinario de contratación de persoal sanitario nos meses de verán (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 35884, publicada no BOPG núm. 376, do 08.09.2022, e debatida na sesión plenaria do 13 de setembro de 2022)
3.4 41256 (11/MOC-000114)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat
Sobre a situación sanitaria en Galicia, especialmente da atención primaria (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 39779, publicada no BOPG núm. 376, do 08.09.2022, e debatida na sesión plenaria do 13 de setembro de 2022)
Punto 4. Proposicions non de lei
4.1 5278 (11/PNP-000603)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa demora que rexistran os informes do Instituto de Medicina Legal de Galicia e a insuficiencia dos seus centros e da súa dotación de persoal
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 49, do 19.11.2020
4.2 27682 (11/PNP-002442)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España para que defenda o sector do arrastre de fondo dos ataques que está a sufrir por parte da Comisión Europea
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 259, do 19.01.2022
4.3 35461 (11/PNP-003144)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Gómez, Alexandra e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia e as que debe solicitar ao Goberno do Estado para garantir a función pública dos activos inmobiliarios de uso residencial en mans da Sareb
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328, do 08.06.2022
4.4 39622 (11/PNP-003384)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Seco García, Martín
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia en relación coa prevención e extinción de incendios forestais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 371, do 31.08.2022
4.5 39774 (11/PNP-003399)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para axilizar e complementar a atención primaria co desenvolvemento das competencias do persoal de enfermaría
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 07.09.2022
4.6 40524 (11/PNP-003448)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto das axudas destinadas aos sectores agrarios afectados pola situación económica derivada da guerra de Ucraína
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 379, do 14.09.2022
Punto 5. Interpelacións
5.1 40049 (11/INT-001967)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Ríos Santomé, Paulo e 2 máis
Sobre o servizo de transporte público por estrada
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 07.09.2022
5.2 40146 (11/INT-001970)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo e 3 máis
Sobre as políticas de prevención de incendios do Goberno galego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 379, do 14.09.2022
5.3 40462 (11/INT-001976)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Lago, Noelia e Díaz Varela, Noa Susana
Sobre o sistema de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 379, do 14.09.2022
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
6.1 41325 (11/POPX-000077)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre a valoración da xestión dos fondos covid destinados a sanidade logo dos informes do Consello de Contas
6.2 41329 (11/POPX-000078)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre a xestión dos recursos públicos dos galegos e das galegas
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 37537 (11/POP-005421)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
Sobre a valoración do Goberno galego respecto do compromiso do Goberno central con relación ao financiamento dos proxectos estratéxicos que ten Galicia no eido industrial
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 354, do 02.08.2022
7.2 40585 (11/POP-006192)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Iglesias, María do Carme e 2 máis
Sobre o concerto do cantante C. Tangana en Vigo patrocinado pola Xunta de Galicia dentro da programación de concertos do Xacobeo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 379, do 14.09.2022
7.3 41320 (11/PUP-000276)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Castro García, Daniel
Sobre o impedimento por parte da Xunta de Galicia do exercicio do deber parlamentario de control da acción de goberno pola falta de resposta ás solicitudes de información dos deputados e das deputadas
7.4 39521 (11/POP-006114)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 7 máis
Sobre a consideración do Goberno galego respecto do que pretende o Executivo central coa reforma do Regulamento de Costas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 371, do 31.08.2022
7.5 41324 (11/PUP-000277)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia
Sobre os fondos para financiar por parte da Xunta de Galicia o desconto do cincuenta por cento nos prezos no transporte metropolitano
7.6 39604 (11/POP-006119)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e Otero Lago, Noelia
Sobre a decisión da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de non cubrir as baixas por xubilación de tres docentes no Instituto de Ensino Secundario Virxe do Mar, de Noia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 371, do 31.08.2022
7.7 39616 (11/POP-006121)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e 2 máis
Sobre a supresión de trece docentes para o curso 2022-2023 no Instituto de Ensino Secundario A Sangriña, da Guarda
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 371, do 31.08.2022
7.8 40118 (11/POP-006152)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
Sobre a regulación das familias monoparentais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 379, do 14.09.2022
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2022
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente