saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 21 de setembro de 2022

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 21 de setembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións

 
- 36033 (11/PNC-003322)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Verea Fraiz, Borja e 14 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno do Estado en relación co Real decreto 933/2021, polo que se establecen as obrigas de rexistro documental e información das persoas físicas ou xurídicas que exercen actividades de hospedaxe e alugueiro de vehículos de motor

BOPG n.º 334, do 22.06.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitar do Goberno de España a paralización da posta en marcha do Real Decreto 933/2021, así como a estudar a consensuar co conxunto do sector afectado as posibles modificacións do mesmo."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina