saltar ao contido

Acordo da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o día 29 de setembro de 2022

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 29 de setembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións

 
- 40444 (11/PNC-003557)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para instar as deputacións provinciais da Coruña e de Lugo co fin de que, no exercicio das súas competencias legalmente atribuidas, renoven o convenio para dar continuidade aos seus correspondentes grupos de emerxencia supramunicipais, coa garantía do servizo aos veciños
BOPG n.º 379, do 14.09.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 3 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ás deputacións provinciais da Coruña e de Lugo para que, no exercicio das súas competencias legalmente atribuídas, renoven o convenio para dar continuidade aos Grupos de Emerxencia Municipais (GES) das súas provincias, garantindo así a prestación dun servizo esencial para os veciños e veciñas."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina