saltar ao contido

Acordo da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 7 de outubro de 2022

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 7 de outubro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 40960 (11/PNC-003589)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 6 máis
Sobre a necesidade de elaborar un plan de acción anual das actuacións en materia de recuperación agraria regulado na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia
BOPG n.º 382, do 21.09.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia á:
 
1) Elaboración  do Plan de Acción Anual das Actuacións en Materia de Recuperación Agraria regulado na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.
 
2) Poñer en marcha a Comisión de avaliación e seguimento da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina