saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria do Parlamento de Galicia prevista para o 18 de outubro de 2022

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 18 de outubro de 2022, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 11 de outubro de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Comparecencia
 
1.1 42475 (11/CPP-000106)
 Do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, por petición propia, para informar sobre a situación en Galicia en relación coa asignación dos fondos europeos en materia industrial
 
Punto 2. Mocións
 
2.1 42368 (11/MOC-000118)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana
Sobre a política ambiental da Xunta de Galicia nas rías galegas (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 36128, publicada no BOPG núm. 334, do 22 de xuño de 2022, e debatida na sesión plenaria do 4 de outubro de 2022)
 
2.2 42377 (11/MOC-000119)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio
Sobre o control financeiro do Servizo Galego de Saúde exercido polo Consello de Contas (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 41162, publicada no BOPG núm. 388, do 20 de setembro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 4 de outubro de 2022)
 
2.3 42410 (11/MOC-000120)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma
Sobre o impulso da economía circular en Galicia (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 39636, publicada no BOPG núm. 371, do 31 de agosto de 2022, e debatida na sesión plenaria do 4 de outubro de 2022 )
 
Punto 3. Proposicións non de lei
 
3.1 22203 (11/PNP-002011)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 4 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para loitar contra o despoboamento e a masculinización do rural
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 206, do 29.09.2021
 
3.2 39048 (11/PNP-003362)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno de España para o cumprimento do cofinanciamento do 50 % da Lei de dependencia e para que a participación da Xunta de Galicia e do Goberno sexa equitativa
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 367, do 25.08.2022
 
3.3 41242 (11/PNP-003491)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para defender a frota galega da pesca de artes de fondo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 27.09.2022
 
3.4 41560 (11/PNP-003513)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis
Sobre as demandas que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España en relación coa información e o seguimento da situación do viaduto do Castro, na autovía A-6
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 27.09.2022
 
3.5 41735 (11/PNP-003530)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para demandar do Parlamento Europeo o rexeitamento da inclusión da quenlla  na Convención sobre o comercio internacional de especies ameazadas de fauna e flora silvestres
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 390, do 05.10.2022
 
3.6 41906 (11/PNP-003545)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa súa política fiscal
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 390, do 05.10.2022
 
Punto 4. Interpelacións
 
4.1 28908 (11/INT-001443)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e Bará Torres, Xosé Luís
Sobre a política eólica e medioambiental en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 270, do 03.02.2022
 
4.2 30713 (11/INT-001519)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lourenzo Sobral, Manuel Antonio e 2 máis
Sobre a segregación do alumnado por xénero nos centros de ensino concertados
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 282, do 24.02.2022
 
4.3 41947 (11/INT-002045)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Lago, Noelia e 3 máis
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación coa emancipación da mocidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 390, do 05.10.2022
 
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
 
5.1 42473 (11/POPX-000081)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as medidas urxentes que ten previsto adoptar en materia de sanidade para poñer fin á situación  de colapso na que se atopa
 
5.2 42474 (11/POPX-000082)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre as medidas que vai adoptar a Xunta de Galicia para atender as necesidades de saúde mental
 
Punto 6. Preguntas ao Goberno
 
6.1 37271 (11/POP-005333)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Sanz Arias, Cristina e 6 máis
Sobre as medidas e os programas que a Xunta de Galicia ten previsto desenvolver no ano 2022 en apoio ao comercio de proximidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 354, do 02.08.2022
 
6.2 42459 (11/PUP-000282)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e Presas Bergantiños, Noa
Sobre as previsións da Xunta de Galicia  de manter as traballadoras sociais que integran actualmente as Oficinas de Atención á Vítima
 
6.3 38672 (11/POP-005759)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre os estudos ou informes existentes ou previstos por Augas de Galicia en relación cos terreos e co proxecto do parque empresarial de Pontecesures
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 368, do 26.08.2022
 
6.4 37722 (11/POP-005467)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e 2 máis
Sobre a inclusión por parte da Xunta de Galicia nos orzamentos para o ano 2023 dunha partida suficiente para executar as obras da estrada autonómica PO-363 que permita mellorar a mobilidade e a seguridade en Redondela
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 354, do 02.08.2022
 
6.5 38556 (11/POP-005715)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ojea Arias, Eduardo e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto do cumprimento do acordo acadado no Parlamento de Galicia para comunicar Valdeorras con Galicia pola estrada OU-533
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 367, do 25.08.2022
 
6.6 37657 (11/POP-005431)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Ferro Iglesias, José Luis e 7 máis
Sobre a valoración por parte da Xunta de Galicia respecto das actuacións levadas a cabo en relación co pazo de Meirás
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 354, do 02.08.2022
 
6.7 42469 (11/PUP-000283)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Lago, Noelia
Sobre a valoración do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades  do cese do director xeral de Formación Profesional
 
6.8 
37454 (11/POP-005392)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre os novos programas que puxo en marcha a Xunta de Galicia en 2021 para o desenvolvemento do Plan de saúde mental de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 354, do 02.08.2022
 
6.9 42115 (11/POP-006345)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as previsións da Xunta de Galicia en relación coa reapertura do centro sociocomunitario Porta do Camiño, en Santiago de Compostela
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos.
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2022
 
Xosé Antón Sarmiento Méndez
Letrado oficial maior

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina