3.2 39048 (11/PNP-003362)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno de España para o cumprimento do cofinanciamento do 50 % da Lei de dependencia e para que a participación da Xunta de Galicia e do Goberno sexa equitativa
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 367, do 25.08.2022
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España:
1º.- O cumprimento do cofinanciamento do 50% da Lei de dependencia para que a participación da Xunta de Galicia e do Goberno central sexa equitativa, tendo especialmente en conta o desequilibrio acumulado desde a aprobación desta normativa en 2006.
2º.- Que renuncie a imposición unilateral de novas medidas ou regulacións que supoñan o incremento de custes na prestación de servicios públicos de carácter social, en tanto non se alcancen os niveis de cofinanciación previstos na Lei 39/2006 de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.”
3.4 41560 (11/PNP-003513)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis
Sobre as demandas que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España en relación coa información e o seguimento da situación do viaduto do Castro, na autovía A-6
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 27.09.2022
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que adopte as seguintes medidas:
1º- Ofrecer á maior brevidade, de xeito continuo e coa máxima transparencia, toda a información dispoñible polo Ministerio de Transportes sobre as causas que provocaron o colapso do viaduto do Castro, na autovía A-6, de tal xeito que teñan coñecemento de todas as novidades os cidadáns, os concellos afectados e a administración autonómica.
2º- Activar de inmediato a mesa de seguimento -comprometida polo presidente do Goberno de España na súa xuntanza co presidente da Xunta, o pasado mes de xullo- sobre as medidas que se veñen adoptando en relación coa autovía A-6, en particular, sobre as solucións provisionais implantadas polo Executivo para sortear o viaduto derrubado, as causas do colapso, os trámites dirixidos á súa reconstrución, con prazos claros.
3.- Incluír nos orzamentos do estado de 2023 as partidas necesarias para levar a cabo as obras de reconstrución do viaduto do Castro”.
3.5 41735 (11/PNP-003530)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para demandar do Parlamento Europeo o rexeitamento da inclusión da quenlla na Convención sobre o comercio internacional de especies ameazadas de fauna e flora silvestres
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 390, do 05.10.2022
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que demande aos grupos políticos do Parlamento Europeo que rexeiten, na votación do Pleno do Parlamento Europeo, a inclusión da quenlla no apéndice II CITES.
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do goberno español que reclame das autoridades internacionais e da Unión Europea o cumprimento do establecido na propia PPC e que calquera decisión sobre a inclusión da quenlla no Apéndice II de CITES se fundamente en informes científicos, na avaliación do impacto socioeconómico e na consulta ás partes interesadas”.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.