Santiago, 20 de outubro de 2022.- O conselleiro de Facenda e Administración Pública da Xunta, Miguel Corgos, entregou este xoves ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, o proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2023.
De seguido, a Mesa do Parlamento cualificou o proxecto de lei e, unha vez oída a Xunta de Portavoces, o asignou a comisión e aprobou o calendario de tramitación deste texto lexislativo.
OUTUBRO
20 (xoves) PRESENTACIÓN DOS ORZAMENTOS
20 (xoves) • MESA (11.30 hs.). Cualificación e admisión a trámite e aprobación do calendario de tramitación do proxecto de lei.
• XUNTA DE PORTAVOCES (12.00h). Asignación á comisión competente, audiencia en relación co calendario de tramitación.
20 (xoves) PUBLICACIÓN DO PROXECTO DE LEI NO BOPG.
21 (venres, ás 18:30 hs.) REMATA PRAZO SOLICITUDE COMPARECENCIAS NA COMISIÓN 3.ª
24 (luns) CALENDARIO COMPARECENCIAS A FIXAR POLA MESA DA COMISIÓN 3.ª
26 (mércores) COMPARECENCIAS NA COMISIÓN 3.ª
27 (xoves) COMPARECENCIAS NA COMISIÓN 3.ª
28 (venres) COMPARECENCIAS NA COMISIÓN 3.ª
31 (luns) COMPARECENCIAS NA COMISIÓN 3.ª
NOVEMBRO
2 (mércores) COMPARECENCIAS NA COMISIÓN 3.ª
2 (mércores) MESA (10:30 hs.)
XUNTA DE PORTAVOCES (11:30 hs.) Para fixar a orde do día do Pleno do 8 e 9 de novembro.
3 (xoves) COMPARECENCIAS NA COMISIÓN 3.ª
4 (venres) COMPARECENCIAS NA COMISIÓN 3.ª
8 (martes, ás 18:30hs.) REMATE DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS EMENDAS Á TOTALIDADE
8 (martes) PLENO
9 (mércores) PLENO
11 (venres) CUALIFICACIÓN DAS EMENDAS Á TOTALIDADE POLA MESA DA COM. 3.ª
14 (luns) PUBLICACIÓN EMENDAS Á TOTALIDADE NO BOPG
15 (martes) MESA (10:30 hs.)
XUNTA DE PORTAVOCES (12 hs.). Para fixar a orde do día do Pleno para o debate orzamentario de totalidade do 21 de novembro e do Pleno do 22 de novembro.
17 (xoves, ás 18:30h) REMATE DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS EMENDAS PARCIAIS
21 (luns) PLENO DO DEBATE DE TOTALIDADE DE ORZAMENTOS
22 (martes) PLENO
23 (mércores) PLENO
MESA (09:00 hs.)
XUNTA DE PORTAVOCES (09:15 hs.). Para fixar a orde do día do Pleno 1 e 2 de decembro.
24 (xoves)
- CUALIFICACIÓN DAS EMENDAS PARCIAIS POLA MESA COM. 3.ª
- CONVOCATORIA DA COMISIÓN 3.ª PARA A DESIGNACIÓN DA PONENCIA.
25 (venres) PUBLICACIÓN DAS EMENDAS PARCIAIS NO BOPG.
28 (luns) REUNIÓN COMISIÓN 3.ª E DESIGNACIÓN DA PONENCIA
29 (martes) INFORME DE PONENCIA
30 (mércores) INFORME DE PONENCIA
DECEMBRO
1 (xoves) PLENO
2 (venres) PLENO
5 (luns) PUBLICACIÓN DO INFORME DA PONENCIA NO BOPG.
5 (luns) CONVOCATORIA DA COM. 3.ª PARA A ELABORACIÓN DO DITAME
7 (mércores) MESA (10.30 hs.)
7 (mércores) DITAME DA COMISIÓN
9 (venres) DITAME DA COMISIÓN
12 (luns) DITAME DA COMISIÓN (escritos de mantemento de emendas e, se é o caso, de formalización de votos particulares)
13 (martes) MESA (10:30 hs.)
XUNTA DE PORTAVOCES (12 hs.) para fixar a orde do día do Pleno do 20 de decembro.
14 (mércores) PUBLICACIÓN DO DITAME DA COMISIÓN
14 (mércores) MANTEMENTO DE EMENDAS E FORMULACIÓN DE VOTOS PARTICULARES
20 (martes) PLENO ORZAMENTARIO
21 (mércores) PLENO
Saúdos, Gabinete de Comunicación.