A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 21 de outubro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 31144 (11/PNC-002789)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
Sobe as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para que o Sistema público universitario implante titulacións con mención dual para mellorar os perfís profesionais
BOPG n.º 286, do 02.03.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta a, en colaboración coas universidades, habilitar os mecanismos precisos para que o Sistema Universitario de Galicia (SUG) reforce a formación integral e a empregabilidade dos universitarios galegos a través dunha implantación progresiva de títulos de grao e/ou de master con Mención Dual que atenda ás necesidade dos tecido socioprodutivo de Galicia e mellore os futuros perfís profesionais”.
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 42073 (11/PNC-003685)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Pérez, Moisés e 6 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia en relación cos sambenitos que posúe a catedral de Tui
BOPG n.º 394, do 13.10.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a realizar os estudos pertinentes que permitan determinar se a colección de sambenitos da catedral de Tui posúe valor sobranceiro, tal e como se establece na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, como paso necesario para poder iniciarse un expediente de incoación de Ben de Interese Cultural”.