A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 11 de novembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 42435 (11/PNC-003723)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 7 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno central en relación coa declaración de servizos ferroviarios de proximidade das liñas A Coruña-Ferrol, A Coruña-Santiago de Compostela e Vigo-Pontevedra-Vilagarcía de Arousa-Santiago de Compostela
BOPG n.º 397, do 19.10.2022
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento insta a Xunta a esixir ao goberno central a declaración de servizos ferroviarios de proximidade nas liñas Coruña-Ferrol, Coruña-Santiago e Vigo- Pontevedra-Vilagarcía-Santiago, co obxecto de que entren en funcionamento no primeiro semestre de 2023.
Ademais, o Parlamento insta ao goberno galego a demandar do goberno central a mellora dos servizos ferroviarios entre Vigo e Coruña mediante as seguintes medidas:
- Reposición dos trens incluídos no contrato de servizo público e aínda non recuperados.
- Incremento da oferta para garantir o acceso ao traballo e centros de estudos ás 8 da mañá, tanto en sentido Pontevedra-Vigo como Vigo-Coruña.
- Mellora da fiabilidade e da calidade dos servizos, co obxecto de evitar avarías e outras incidencias.
- Reforzo da oferta de trens en horas, días e traxectos de maior demanda para evitar os problemas que se están a producir nesta liña, con un grande número de persoas que non poden facer uso do tren por falta de prazas”