saltar ao contido

Acordo da Comisión 8ª., Pesca e Marisqueo, celebrada o 15 de novembro de 2022

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 15 de novembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 40441 (11/PNC-003556)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que se inclúa a cadea mar-industria nas axudas do PERTE agroalimentario
BOPG n.º 379, do 14.09.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España unha rectificación e que inclúa nas axudas do Perte Agroalimentario á cadea mar-industria”
 
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2022

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina