A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 18 de novembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 42805 (11/PNC-003756)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Ministerio de Educación e Formación Profesional para garantir o acceso á universidade en igualdade de condicións para a totalidade do territorio de España
BOPG n.º 401, do 26.10.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 5 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a reclamar do Ministerio de Educación un modelo de proba ABAU con vocación de permanencia no tempo e que garanta a equidade e a igualdade de oportunidades na totalidade do territorio de España”.
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 42900 (11/PNC-003768)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Lago, Noelia e Díaz Varela, Noa Susana
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para dar a coñecer a asociación Ponte...nas Ondas!
BOPG n.º 401, do 26.10.2022
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a apoiar e a implantar en Galicia o modelo Ponte ...nas Ondas! de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial, ademais de realizar unha campaña pública de difusión para dar a coñecer o modelo, no caso de que saia adiante a proposta da candidatura."