saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 24 de novembro de 2022

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 24 de novembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:


Procedementos de natureza normativa

Proxecto de lei

 

Designación da Ponencia

 

- 42313 (11/PL-000016)

Presidencia da Xunta de Galicia

Proxecto de lei reguladora dos xogos de Galicia

BOPG n.º 394, do 13.10.2022

 

G.P. Popular de Galicia:

Dª. Paula Prado del Río  (titular)

D. José Alberto Pazos Couñago (suplente)

 

G.P. do Bloque Nacionalista Galego:

Dª. Iria Carreira Pazos (titular)

D. Daniel Castro García (suplente)

 

G.P. dos Socialistas de Galicia:

D. Julio Torrado Quintela (titular)

Dª. Paloma Castro Rey (suplente)


Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 31159 (11/PNC-002792)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prado del Río, Paula e 6 máis

Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España respecto da creación dun grupo operativo completo da policía da Unidade de Prevención e Reacción, en Ourense

BOPG n.º 286, do 02.03.2022

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“1) O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno deEspaña que se cree un Grupo Operativo ao completo da UPR en Ourense, co obxecto de que poidan realizar as funcións que lle son propias de xeito eficaz e eficiente.

2) O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España que mentres non se cree o Grupo Operativo de Ourense, con carácter urxente se dote o posto de policía que falta no Catálogo de postos de traballo para completar o Subgrupo Operativo e se dote a este dos medios necesarios para poder exercer as suas funcións en condicións de seguridade."

 

- 32204 (11/PNC-002882)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prado del Río, Paula e 6 máis

Sobre a postura do Parlamento de Galicia respecto da agresión de Rusia a Ucraína e as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia co fin de acoller persoas refuxiadas como consecuencia do conflito

BOPG n.º 296, do 23.03.2022

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia acorda, como Resolución:

1º- Condenar enerxicamente a agresión de Rusia a Ucraína, rexeitando totalmente a invasión das forzas militares rusas e esixindo a súa inmediata retirada. Esta agresión supón unha flagrante violación do Dereito Internacional e contra a soberanía e a integridade territorial de terceiros países.

2º- Expresar a absoluta solidariedade co pobo ucraíno e manifestarse ao carón dos esforzos que está a desenvolver o Goberno de España e a Unión Europea, reivindicando a legalidade internacional e o restablecemento inmediato da paz, tendo como guía nesta crise os principios e valores democráticos que compartimos con Europa.

3º- Expresar o mais firme compromiso deste Parlamento coa defensa dos principios da democracia, o estado de dereito e a protección dos dereitos fundamentais contemplados no Preámbulo do Tratado de constitución da Alianza do Atlántico Norte e no da Constitución da Unión Europea. Así mesmo este Parlamento apoia a labor que as Forzas Armadas españolas están a desenvolver para garantir a paz e a integridade territorial nos países europeos.

4º- Amosar o apoio á Unión Europea para que se interpoñan as sancións precisas co fin de que se poña fin ao conflito ante estes feitos tan graves contrarios á paz e as liberdades e dereitos fundamentais dos cidadáns ucraínos.

5º-O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a realizar todos os esforzos necesarios para mobilizar recursos a fin de acoller a refuxiados provenientes do conflito de Ucraína, de formas coordinadas coas administracións estatal, autonómica e local."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina