saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª., Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 22 de decembro de 2022

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 22 de decembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso​

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 44162 (11/PNC-003882)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis

Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para manter o seu apoio á plataforma experimental de eólica mariña prevista a 10 km do porto exterior da Coruña e reclamar ao Goberno de España a axilización da aprobación dos plans de ordenación do espazo marítimo

BOPG n.º 413, do 23.11.2022

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

 

1. Manter o seu apoio á plataforma experimental de eólica mariña prevista a 10 km. do porto exterior da Coruña como proxecto piloto para o posterior despregamento da eólica mariña en Galicia e a nivel de toda España.

 

2. Solicitar ao Goberno que axilice a aprobación dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) para poder coñecer as zonas que van estar delimitadas para a implantación de enerxías mariñas, salvagardando sempre os intereses do sector marítimo-pesqueiro e a preservación do ecosistema mariño”.

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 44853 (11/PNC-003939)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Fernández Alfonzo, Ramón e 3 máis

Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno do Estado respecto do nó de transición da central térmica Endesa no concello das Pontes

BOPG n.º 420, do 14.12.2022

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta a exixirlle ao Goberno do Estado:

 

1. O mantemento dos 1.400MW de evacuación da CT de carbón das Pontes no nó de Transición xusta do concello das Pontes para a realización do Concurso de transición xusta, co mesmo procedemento empregado para adxudicar o acceso ao nó da CT de Andorra-Teruel.

 

2. O inicio, inmediato e urxente, do Concurso de transición xusta para a adxudicación do nó de transición das Pontes correspondente aos 700MW de evacuación que ocupaban os Grupos 3 e 4 da CT, co mesmo procedemento empregado para adxudicar o acceso ao nó da CT de Andorra-Teruel.

 

3. A convocatoria inmediata e urxente da Mesa de transición xusta das Pontes, coa participación de todos os seus integrantes e unha representación de REE.”



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina