A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 23 de decembro de 2022, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 43802 (11/PNC-003847)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís e Queixas Zas, Mercedes
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para dispoñer dun fondo de gravacións de música tradicional galega de Nadal e poñelo a disposición pública para o seu uso e divulgación
BOPG n.º 412, do 22.11.2022
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que desde a Consellería de Educación e Cultura tomen as medidas necesarias para dispoñer dun fondo de gravacións tradicionais galegas de música de Nadal, e mediante campañas de sensibilización se continúe a divulgar a dar a coñecer o rico patrimonio galego de tradición oral e cultural do Nadal en galego, e a fomentar o seu uso nos medios de comunicación públicos e todo tipo de entidades culturais para uso e desfrute da poboación galega en xeral. E nomeadamente por parte dos centros educativos de Galicia das etapas de infantil e primaria, acompañando estas campañas con material didáctico para que a comunidade educativa poida traballar sobre el."