A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 17 de xaneiro de 2023, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 46681 (11/PNC-004021)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 14 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno central respecto dunha axuda directa para o sector da automoción
BOPG n.º 436, do 12.01.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia demandar do Goberno Central unha axuda directa equivalente ao peso da industria da automoción galega no conxunto de España, que en ningún caso sexa inferior ao 23,6% dos fondos destinados ao PERTE VEC que na actualidade se sitúa en 2.975 millóns de euros en subvencións e préstamos".