saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria do Parlamento de Galicia prevista para o 24 de xaneiro de 2023

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 24 de xaneiro de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 17 de xaneiro de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto 1. Comparecencia
1.1 47256 (11/CPP-000113)
Do conselleiro de Sanidade, por petición propia, para dar conta dos programas de prevención da saúde pública
Punto 2. Mocións
2.1 45321 (11/MOC-000133)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla
Sobre o novo modelo de residencias anunciado pola Xunta de Galicia (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 42989,  publicada no BOPG núm. 422, do 16 de decembro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 20 de decembro de 2022)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 428, do 28.12.2022
2.2 45387 (11/MOC-000134)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia en relación co financiamento das entidades locais (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 43196,  publicada no BOPG núm. 422, do 16 de decembro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 20 de decembro de 2022)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 428, do 28.12.2022
2.3 45388 (11/MOC-000135)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia en relación cos plans industriais das empresas eólicas (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 44383,  publicada no BOPG núm. 422, do 16 de decembro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 20 de decembro de 2022)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 428, do 28.12.2022
Punto 3. Proposicións non de lei
3.1 28199 (11/PNP-002475)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Calvo Pouso, Diego e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno español en relación coa alta velocidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 26.01.2022
3.2 32471 (11/PNP-002809)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Seco García, Martín
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da creación dun consello de comunidades de montes veciñais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 23.03.2022
3.3 42882 (11/PNP-003639)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa pobreza e exclusión social das mulleres
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 401, do 26.10.2022
3.4 45482 (11/PNP-003858)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para axilizar a xestión das axudas para a dependencia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 431, do 04.01.2023
3.5 46649 (11/PNP-003888)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos danos provocados polas riadas en diferentes concellos galegos
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 435, do 11.01.2023
3.6 46720 (11/PNP-003901)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 13 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a defensa dos sectores gandeiro e marítimo-pesqueiro de Galicia
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 435, do 11.01.2023
Punto 4. Interpelacións
4.1 44622 (11/INT-002197)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís e 2 máis
Sobre as axudas á agricultura ecolóxica
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 420, do 14.12.2022
4.2 45218 (11/INT-002234)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 3 máis
Sobre a situación macroeconómica de principios de 2023
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 428, do 28.12.2022
4.3 45499 (11/INT-002247)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Lago, Noelia e 3 máis
Sobre as axudas en materia de vivenda para a mocidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 431, do 04.01.2023
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
5.1 47241 (11/POPX-000091)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as medidas que vai adoptar a Xunta de Galicia para facer fronte ás necesidades das galegas e dos galegos

5.2 47242 (11/POPX-000092)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre a valoración da subidas dos prezos en Galicia
Punto 6. Preguntas ao Goberno
6.1 45605 (11/POP-006725)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre a valoración que fai o Goberno galego da intención de modificar o Código penal para derrogar o delito de sedición
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 431, do 04.01.2023
6.2 45631 (11/POP-006738)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 8 máis
Sobre a entrada en funcionamento da nova estación de autobuses de Vigo o pasado día 17 de decembro
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 431, do 04.01.2023

6.3 46258 (11/POP-006994)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo e 2 máis
Sobre as previsións da Xunta de Galicia de atender as alegacións do Concello de Cambre respecto do trazado da vía Ártabra
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 435, do 11.01.2023

6.4 45647 (11/POP-006747)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
Sobre as medidas que vai impulsar a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para seguir a avanzar na mellora da formación profesional básica en Galicia nos vindeiros cursos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 431, do 04.01.2023
6.5 46158 (11/POP-006944)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e Lourenzo Sobral, Manuel Antonio
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da reparación das infraestruturas deterioradas no IES Concepción Arenal, en Ferrol
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 435, do 11.01.2023

6.6 47211 (11/PUP-000298)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez López, Daniel
Sobre o sistema e criterios escollidos para acceder ás axudas do Programa Impacto Autónomo
6.7 45641 (11/POP-006742)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Aira Díaz, María del Carmen e 2 máis
Sobre a planificación dos recursos humanos establecida para o traslado e desdobramento do Centro de Saúde da Milagrosa, na cidade de Lugo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 431, do 04.01.2023

6.8 46952 (11/POP-007185)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre a renuncia do Goberno galego a convocar máis de 100 prazas na última convocatoria de médico interino residente
6.9 46842 (11/POP-007158)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Torrado Quintela, Julio
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para apoiar ao sector do cerco de Galicia

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.


Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2023



Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente




Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina