saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 25 de xaneiro de 2023

3.1    28199 (11/PNP-002475)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Calvo Pouso, Diego e 6 máis

Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno español en relación coa alta velocidade

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 26.01.2022

 

O texto aprobado é o seguinte:​

“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a requirir do Goberno de España que concrete o cronograma para a chegada  da alta velocidade ao conxunto das cidades galegas; garanta os tempos de viaxe do AVE comprometidos dotando inmediatamente á rede ferroviaria da Comunidade dos trens AVRIL; e especifique o número e tipo de trens AVRIL asignados a Galicia e a data concreta en que eses trens de rodaxe desprazable estarán circulando por Galicia".

                 

3.6    46720 (11/PNP-003901)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Candia López, María Elena e 13 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a defensa dos sectores gandeiro e marítimo-pesqueiro de Galicia

Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 435, do 11.01.2023

 

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a exercer a presión negociadora necesaria co obxecto de que se aplique á rebaixa tributaria dos alimentos básicos e que se consideren produtos de primeira necesidade tamén polo Goberno central á carne e ao pescado -e ás súas conservas-, co fin último de estimular a demanda interna e mellorar as previsións de crecemento da economía de ámbolos dous sectores, evitando o prexuízo derivado da iniciativa recentemente aprobada polo Goberno de España."


Saúdos, Gabinete de Comunicación.



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina