saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª., Pesca e Marisqueo, celebrada o 27 de xaneiro de 2023

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 27 de xaneiro de 2023, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 46747 (11/PNC-004036)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pérez Fernández, Rosana e 2 máis

Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno do Estado en relación coa convocatoria de axudas temporais, directas e urxentes ao sector pesqueiro

BOPG n.º 438, do 19.01.2023

Sométese a votación separada por puntos:

Punto 1: resulta aprobado por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

Punto 2: resulta aprobado pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galiza insta o Goberno da Xunta de Galicia a:

1. Demandar do Goberno do Estado:

- A rebaixa do IVE de peixes e mariscos ao 0%.

- A reestruturación das axudas directas para o combustíbel pesqueiro que se establecen no Real Decreto-Lei 20/2022, de xeito que ningunha embarcación quede excluída e non se produzan agravios entre as do mesmo caladoiro e censo,

nomeadamente na frota de artes menores.

- A inclusión das embarcacións da Cuarta Lista (embarcacións auxiliares de pesca e de explotación de acuicultura) nas axudas directas para o combustíbel pesqueiro que se establecen no Real Decreto-Lei 20/2022.

2. Dar cumprimento sen máis demora ao acordo unánime do Parlamento Galego do 26 de abril de 2022 e convocar axudas temporais, directas e urxentes ao sector pesqueiro que minimicen as consecuencias derivadas da crise actual."

Aprobación por unanimidade sen modificacións


- 46839 (11/PNC-004044)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Otero Rodríguez, Patricia e Torrado Quintela, Julio

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para colaborar co Goberno de España na articulación de liñas de axudas económicas á frota do cerco

BOPG n.º 438, do 19.01.2023

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:​

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a traballar xunto con Goberno de España de cara a apoiar e conceder un paro temporal para a flota do cerco afectada pola limitación (só pesca accesoria) na cota do xurelo e articular, por ambas administracións, liñas de axudas económicas que lle permitan a esta flota subsistir ata a apertura de novas campañas: xarda e anchoa."



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina