A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 3 de febreiro de 2023, adoptou os seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
- 47282 (11/PNC-004080)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes e Fernández Alfonzo, Ramón
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno do Estado en relación cos proxectos industriais e empresariais vinculados á transición enerxética no concello de Cerceda
BOPG n.º 441, do 25.01.2023
Sométese a votación separada por puntos:
Punto 1: resulta aprobado pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
Punto 2: resulta rexeitado por 3 votos a favor, 6 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento insta a Xunta a:
Solicitar do goberno do Estado a iniciación inmediata do concurso de transición xusta para a central térmica de Meirama."