Santiago, 13 de febreiro de 2023.- O Diario Oficial de Galicia publica este luns a resolución pola que se anuncian a convocatoria e as bases para a concesión de nove bolsas para a formación en prácticas no Parlamento de Galicia nas áreas de arquivo, biblioteca e documentación, comunicación institucional, publicacións, recursos humanos e contratación, e xestión parlamentaria. Tamén se convoca unha bolsa destinada a persoas con discapacidade intelectual para a formación en prácticas nas áreas de asistencia xeral e administrativa.
A convocatoria contempla oito bolsas individuais para contribuír á formación en prácticas de persoas con titulación universitaria, nas seguintes modalidades:
Paralelamente, convócase unha bolsa adicional destinada a persoas con discapacidade intelectual igual ou superior ao 33 %, con titulación universitaria ou formación profesional, para contribuír á formación nas áreas de asistencia xeral e administrativas.
As bolsas terán unha duración de doce meses.
As solicitudes poderán presentarse nun prazo de vinte días hábiles contados partir do seguinte ao da publicación do extracto no Diario Oficial de Galicia.
As bases da convocatoria e o modelo de solicitude están publicados na web do Parlamento de Galicia. Poden consultarse no seguinte enlace: https://www.parlamentodegalicia.es/Institucion/Bolsas
Saúdos, Gabinete de Comunicación.