saltar ao contido

Acordo da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 15 de febreiro de 2023

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 15 de febreiro de 2023, adoptou o seguinte acordo:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 46604 (11/PNC-004011)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis

Sobre a demanda que ten que realizar a Xunta de Galicia fronte ao Goberno de España para que nos proxectos de enerxías renovables que están a tramitar aquelas comunidades autónomas que emitan conxuntamente a autorización administrativa previa e de construción se lles aplique a data límite fixada para esta última

BOPG n.º 438, do 19.01.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 3 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España que nos proxectos de enerxías renovables que están a tramitar aquelas Comunidades Autónomas que emitan conxuntamente a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, se lles aplique a data límite fixada para esta última".

 

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2023


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina