A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 28 de febreiro de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 30747 (11/PNC-002754)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para crear un observatorio de igualdade de xénero no sector pesqueiro
BOPG n.º 281, do 23.02.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a crear, coa necesaria aportación orzamentaria, o observatorio de igualdade do sector pesqueiro galego, formado por persoal técnico que estudie, analice e estableza diagnósticos e medidas correctoras que contribúan a mellorar a situación das galegas que traballan no mar ou en actividades relacionadas, prestando atención á escasa representación das mulleres en postos de dirección e representación."
- 50160 (11/PNC-004272)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Iglesias, María do Carme e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para crear o Observatorio Galego da Igualdade entre Homes e Mulleres no sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola
BOPG n.º 458, do 22.02.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento insta a Xunta de Galicia a dar cumprimento, de xeito inmediato, do acordo deste Parlamento de data 09/03/2022, polo que se insta a Xunta de Galicia a crear, coa indispensábel participación do sector, dun Observatorio galego da igualdade entre homes e mulleres no sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola, como paso previo á aplicación de políticas concretas que erradiquen a discriminación por razóns de xénero."