A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 3 de marzo de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 44695 (11/PNC-003927)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co servizo de transporte interurbano de viaxeiros por estrada na liña Ribeira-Santiago de Compostela ao seu paso por Rianxo
BOPG n.º 420, do 14.12.2022
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:
1º) Que lle esixa á empresa concesionaria do transporte interurbano de viaxeiros por estrada que solucione de inmediato as incidencias que está a padecer a veciñanza do concello de Rianxo coa liña Ribeira-Santiago tanto no que se refire ao cumprimento de horarios e frecuencias como ás medidas de seguridade e hixiene esixidas dos vehículos.
2º) Que sitúe nun lugar visible e accesible do web bus.gal o espazo para que a cidadanía poida informar das incidencias que teñen lugar con este servizo."