A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 21 de marzo de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 14 de marzo de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. | Comparecencia |
1.1 | 51357 (11/CPP-000120) |
Da conselleira do Mar, por petición propia, para avaliar as catro comunicacións en materia de pesca feitas o 21 de febreiro de 2023 | |
Punto 2. | Mocións |
2.1 | 51243 (11/MOC-000146) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pérez Fernández, Rosana | |
Sobre a rexeneración dos bancos marisqueiros das rías (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 48403, publicada no BOPG núm. 446, do 1 de febreiro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 7 de marzo de 2023) | |
2.2 | 51247 (11/MOC-000147) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Otero Lago, Noelia | |
Sobre a igualdade nos centros de ensino (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 47667, publicada no BOPG núm. 441, do 25 de xaneiro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 7 de marzo de 2023) | |
2.3 | 51257 (e c.e. 51288) (11/MOC-000148) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Otero Rodríguez, Patricia | |
Sobre a creación dun observatorio de igualdade de xénero no sector pesqueiro (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 30749, publicada no BOPG núm. 282, do 24 de febreiro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 7 de marzo de 2023) | |
Punto 3. | Proposicións non de lei |
3.1 | 45199 (11/PNP-003838) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
González Albert, María e 2 máis | |
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa reparación dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia no mes de xullo de 2022 | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 428, do 28.12.2022 | |
3.2 | 46507 (11/PNP-003878) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis | |
Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ante o Goberno central para garantir investimentos estratéxicos no sector téxtil en Galicia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 435, do 11.01.2023 | |
3.3 | 49894 (11/PNP-004111) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis | |
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España respecto da reconstrución do viaduto do Castro, da autovía do Noroeste | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 22.02.2023 | |
3.4 | 50396 (11/PNP-004156) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Ojea Arias, Eduardo e Otero Rodríguez, Patricia | |
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para presentar un informe respecto das cantidades executadas e os logros acadados co desenvolvemento das liñas estratéxicas do Pacto de vivenda de Galicia 2021-2025 | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 461, do 01.03.2023 | |
3.5 | 50721 (11/PNP-004190) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina | |
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para aumentar os recursos humanos na área de saúde mental do sistema sanitario público, nomeadamente nas unidades infanto-xuvenís | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 465, do 08.03.2023 | |
3.6 | 50946 (11/PNP-004210) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis | |
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para manter a actividade e o emprego do Grupo Ganomagoga | |
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 465, do 08.03.2023 | |
Punto 4. | Interpelacións |
4.1 | 6169 (11/INT-000413) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis | |
Sobre a política do Goberno galego en relación coa planta xudicial en Galicia. | |
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 59, do 09.12.2020 | |
4.2 | 50359 (11/INT-002412) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
González Albert, María e 2 máis | |
Sobre a aprobación do Consello de Informativos e o Estatuto profesional na Corporación de Radio e Televisión de Galicia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 461, do 01.03.2023 | |
4.3 | 50750 (11/INT-002432) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis | |
Sobre o mercado de traballo | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 465, do 08.03.2023 | |
Punto 5. | Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia |
5.1 | 51348 (11/POPX-000099) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Álvarez Martínez, Luis Manuel | |
Sobre as medidas de axuda que ten previsto adoptar o Goberno galego para mellorar a situación económica actual da sociedade galega | |
5.2 | 51355 (11/POPX-000100) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana | |
Sobre as previsións de solicitarlle ao Goberno central a retirada do Plan de Ordenación do Espazo Marítimo | |
Punto 6. | Preguntas ao Goberno
|
6.1 | 51321 (11/PUP-000314) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Sanz Arias, Cristina e 6 máis | |
Sobre a valoración polo Goberno galego da falla de confirmación por parte do Goberno de España da financiación e ubicación dunha fábrica de fibras téxtiles de Altri | |
6.2 | 49925 (11/POP-007725) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 3 máis | |
Sobre as previsións do Goberno galego de iniciar o procedemento para declarar o monte do Gato como parque natural | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 22.02.2023
| |
6.3 | 50456 (11/POP-007854) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Bará Torres, Xosé Luís e 3 máis | |
Sobre a avaliación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do impacto das infraestruturas do parque eólico Castro Valente no xacemento arqueolóxico do mesmo nome, en Padrón | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 461, do 01.03.2023 | |
6.4 | 49162 (11/POP-007582) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis | |
Sobre a información da que dispón a Xunta de Galicia respecto de cando van estar en funcionamento os trens Avril e de cantos serán os que se destinen a Galicia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 454, do 15.02.2023
| |
6.5 | 50516 (11/POP-007863) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Freire Vázquez, María Begoña e 9 máis | |
Sobre a situación na que se atopan os trámites necesarios para a execución da obra do novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 465, do 08.03.2023
| |
6.6 | 51341 (11/PUP-000315) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Gallego Sanromán, María Leticia | |
Sobre o establecemento dunha liña de transporte público directa entre O Morrazo e os complexos hospitalarios do Meixoeiro e do Álvaro Cunqueiro | |
6.7 | 50731 (11/POP-007888) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pérez López, Daniel e Lourenzo Sobral, Manuel Antonio | |
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para garantir a continuidade do centro privado de educación especial Aspaber, situado na Brea, no concello de Carballo, que atende a comarca de Bergantiños e arredores | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 465, do 08.03.2023 | |
6.8 | 51316 (11/PUP-000313) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
| Fernández Alfonzo, Ramón |
Sobre as previsións que ten a Xunta de Galicia para contribuír a unha saída negociada do conflito existente no almacén loxístico da empresa LIDL, no Polígono Río do Pozo de Narón
| |
6.9 | 49674 (11/POP-007655) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Seco García, Martín e 2 máis | |
Sobre as previsións da Xunta de Galicia de construír un centro de atención residencial no concello de Ponteceso | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 22.02.2023 | |
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2023
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente