A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 5 de abril de 2023, adoptou o seguinte acordoComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 5 de abril de 2023, adoptou :
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 50407 (11/PNC-004296)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para impulsar as permutas de especial interese agrario
BOPG n.º 461, do 01.03.2023
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a impulsar e promover as permutas de especial interese agrario e que dende a Axencia Galega de Desenvolvemento rural se habiliten axudas destinadas a financiar os gastos de xestión, tanto notariais como de rexistro da propiedade, en beneficio dos propietarios implicados, así como trasladar a actualización dos datos relativos as fincas permutadas a entidade responsable da elaboración e mantemento do catastro rústico na e Autónoma de Galicia. Datos tanto xeométricos como topográficos que resulten pertinentes."