saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 11 de abril de 2023

        

3.2    51333 (11/PNP-004237)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Puy Fraga, Pedro e 14 máis

Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España para que transfira fondos europeos para a súa xestión directa

Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 467, do 15.03.2023

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España a transferir fondos europeos para a súa xestión directa co obxectivo de garantir a viabilidade dos principais proxectos tractores galegos, ao igual que ten feito con outras Comunidades Autónomas".

        

3.3    51463 (11/PNP-004253)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis

Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España para tratar as necesidades específicas do Corredor Atlántico Noroeste co comisario do Corredor Atlántico e as comunidades de Galicia, Asturias e Castela e León

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 470, do 21.03.2023

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que:

 

1.- Convoque de maneira urxente unha xuntanza co Comisario do Corredor Atlántico e as comunidades de Galicia, Asturias e Castela e León, para tratar as necesidades específicas do corredor atlántico noroeste.

 

2.- Incorpore no Plan Director o investimento de 8.000 millóns de euros adicionais co obxecto de financiar as actuacións que Galicia, Asturias e Castela e León teñen identificadas como prioritarias.

 

3.- Solicite a inclusión na rede transeuropea ferroviaria de mercadorías (TEN-T) o denominado trazado norte: liña Ferrol-A Coruña-Betanzos-Lugo-Monforte-León, coa correspondente dotación orzamentaria que permita a súa completa electrificación.

 

4.- Garanta condicións de igualdade -de oportunidades, investimentos e de avances- entre o corredor atlántico de mercadorías e o corredor mediterráneo".

        

        

3.5    51833 (11/PNP-004297)

         Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

         Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis

         Sobre as actuacións que se deben levar a cabo para instar os grupos políticos con representación no Congreso a que apoien o texto da Proposición de lei de transferencia da AP-9

         Publicación da iniciativa, BOPG n.º 474, do 29.03.2023

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento acorda como resolución instar aos grupos políticos con representación no Congreso a que apoien o texto da proposición de lei de transferencia da AP-9 nos termos votados de xeito unánime polo Pleno da Cámara galega, co obxecto de garantir a aprobación do traspaso no prazo máis rápido posible".

 

 

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina