saltar ao contido

Acordos da Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas na reunión do 13 de abril de 2023

A Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas, na reunión do 13 de abril de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos relativos a outras institucións e órganos

Consello de Contas: Programa Anual de Traballo

 

Aprobación das recomendacións pola Comisión

 

- 46139 (11/CPAT-000002)

Consello de Contas

Plan Anual de Traballo do Consello de Contas de Galicia para o ano 2023

BOPG n.º 440, do 24.01.2023

 

"Recomendación número 1

O Parlamento de Galicia recomenda ao Consello de Contas realizar unha auditoría operativa dos contratos intensivos en mano de obra, empezando por auditar o Transporte Sanitario non Urxente do SERGAS, na que se analice a prestación, o coste e as posibles vías de financiación.

 

Recomendación número 2

O Parlamento de Galicia recomenda ao Consello de Contas presentar un informe de fiscalización sobre o destino dos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero recibidos pola Comunidade Autónoma de Galicia no período de 2018 a 2022."

 

Procedementos de control económico e orzamentario

Consello de Contas. Informe de fiscalización

 

Aprobación do ditame e das propostas de resolución pola Comisión

 

- 38478 (11/ICON-000007)

Consello de Contas

Informes de fiscalización do sector público de Galicia

BOPG n.º 437, do 13.01.2023

 

“Proposta de resolución número 1 do G.P. Popular de Galicia

Aprobase a Conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio 2020

 

Proposta de resolución número 2 do G.P. Popular de Galicia

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a continuar dando cumprimento efectivo ás recomendacións realizadas polo Consello de Contas de Galicia nos seus informes de fiscalización.

 

Proposta de resolución número 3 do G.P. Popular de Galicia

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que nesta lexislatura se complete o proceso de regularización de todas as contratacións de prestación de servizos sanitarios a través do procedemento contractual axeitado como sinalou o Consello de Contas no seu informe de fiscalización do ano 2020.

 

Proposta de resolución número 21 do G.P. do Bloque Nacionalista Galego

O Parlamento galego insta a Xunta de Galiza a estabelecer sistemas de control sobre as sociedades e fundacións públicas nas que a Administración autonómica non ostenta o control pero é o socio maioritario.

 

Proposta de resolución número 16 do G.P. dos Socialistas de Galicia

O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a integrar a todos os efectos as fundacións de investigación con conexións aos centros sanitarios públicos, no sector público autonómico, sometendo polo tanto as súas contas á rendición do Consello de Contas de Galicia.

 

Proposta de resolución número 22 do G.P. dos Socialistas de Galicia

O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a presentar no prazo máximo de 5 meses un informe á Cámara galega no que dea conta pormenorizada do grado de execución ou incumprimento en relación ás conclusión e recomendacións realizadas polo Consello de Contas de Galicia e recollidas no documento “Diagnóstico dos sistemas de control interno e estratexia de prevención de riscos da corrupción na Administración xeral".

 

Proposta de resolución número 24 do G.P. dos Socialistas de Galicia

O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a poñer en marcha de forma inmediata o rexistro de entidades do sector público previsto no artigo 52 da Lei de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

 

Proposta de resolución número 33 do G.P. dos Socialistas de Galicia

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a reducir o grao de temporalidade no emprego público, especialmente no ámbito sanitario, tal e como ten constatado o Consello de Contas. O obxectivo  de temporalidade no emprego público está a nivel nacional no 8 %. En Galicia a temporalidade afecta a máis do 25% dos profesionais, sendo maior no persoal laboral (próximo ao 50%) e afectando especialmente a colectivos como o de enfermaría.

 

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2023


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina