A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 25 de abril de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 18 de abril de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Debate do ditame e das propostas de resolución, aprobados na reunión da Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas en relación cos Informes de fiscalización do sector público de Galicia, contidos na Memoria de actividades do Consello de Contas de 2021 (conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia de 2020) (doc. núm. 38478, 11/ICON-000007).
Publicación do Ditame e propostas de resolución aprobadas, BOPG n.º 482, do 17.04.2023
Punto 2. Texto lexislativo
2.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de modificación da Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, pola que se crea a Fundación galega para a ciencia (Innogal) (doc. núm 50686, 11/PPL-000016)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 466, do 09.03.2023
Punto 3. Comparecencia
3.1 52858 (11/CPP-000125)
Do conselleiro de Facenda e Administración Pública, por petición propia, para informar do Desempeño fiscal do goberno autonómico no ano 2022
Punto 4. Mocións
4.1 52794 (11/MOC-000152)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat
Sobre a contratación pública do Servizo Galego de Saúde (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 51614, publicada no BOPG núm. 470, do 21 de marzo de 2023, e debatida na sesión plenaria do 11 de abril de 2023)
4.2 52795 (11/MOC-000153)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Ríos Santomé, Paulo
Sobre o transporte público por estrada (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 51739, publicada no BOPG núm. 474, do 29 de marzo de 2023, e debatida na sesión plenaria do 11 de abril de 2023)
4.3 52801 (11/MOC-000154)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
Sobre os fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 50867, publicada no BOPG núm. 465, do 8 de marzo de 2023, e debatida na sesión plenaria do 11 de abril de 2023)
Punto 5. Proposicións non de lei
5.1 37241 (11/PNP-003323)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rey Varela, José Manuel e 19 máis
Sobre as actuacións que debe realizar o Goberno galego para lle pedir ao Goberno de España que poña en marcha con carácter prioritario as accións necesarias tendentes ao fomento e á reactivación económica da zona de Ferrol, coa modernización das instalacións e das infraestructuras ferroviarias
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 353, do 01.08.2022
5.2 50912 (11/PNP-004207)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez Domínguez, Fernando e 8 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España para que adopte medidas tendentes a reforzar os servizos de atención á cidadanía da Seguridade Social
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 467, do 15.03.2023
5.3 52059 (11/PNP-004314)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Gómez, Alexandra e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para dar cumprimento ao acordo unánime acadado no Parlamento galego en relación cos inmobles da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 478, do 05.04.2023
5.4 52262 (11/PNP-004332)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para dar continuidade á actividade industrial nos terreos de Alu Ibérica, na Coruña
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 478, do 05.04.2023
5.5 52310 (11/PNP-004337)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e 3 máis
Sobre o rexeitamento por parte do Goberno galego da práctica dos ventres de alugueiro e a solicitude que debe facer ao Goberno do Estado para que evite esta práctica
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 480, do 12.04.2023
5.6 52439 (11/PNP-004344)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Seco García, Martín
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da política de prevención de incendios forestais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 480, do 12.04.2023
Punto 6. Interpelacións
6.1 1453 (11/INT-000075)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa ampliación da Rede Natura 2000 en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.09.2020
6.2 20106 (11/INT-001081)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego respecto da actualización do Pacto local galego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 191, do 25.08.2021
6.3 51777 (11/INT-002483)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 2 máis
Sobre a participación pública no sector eólico
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 474, do 29.03.2023
Punto 7. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
7.1 52853 (11/POPX-000103)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre a valoración respecto da política de vivenda da Xunta de Galicia
7.2 52855 (11/POPX-000104)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre as medidas que van impulsar para frear o retroceso industrial de Galicia
Punto 8. Preguntas ao Goberno
8.1 51298 (11/POP-007938)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre a xustificación para que a Xunta de Galicia inicie a tramitación para a ampliación do vertedoiro de residuos de Bander Residuos, S.L.U, no concello de Silleda
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 467, do 15.03.2023
8.2 52358 (11/POP-008089)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Freire Vázquez, María Begoña e 9 máis
Sobre o investimento do Goberno galego na compra e rehabilitación dos inmobles adquiridos en Ourense no marco do programa Rexurbe
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 480, do 12.04.2023
8.3 50593 (11/POP-007869)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e 2 máis
Sobre as previsións que ten a Xunta de Galicia para completar as fases dúas e tres de humanización da avenida de Vigo, en Chapela, no concello de Redondela
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 465, do 08.03.2023
8.4 51584 (11/POP-007978)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lourenzo Sobral, Manuel Antonio e 2 máis
Sobre as previsións que ten a Xunta de Galicia para garantir un acceso apropiado ao polígono de Areas nas obras da vía rápida Tui-A Guarda
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 471, do 22.03.2023
8.5 52832 (11/PUP-000328)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
Sobre a valoración que fai o Goberno galego das razóns que alega o Goberno central para rexeitar aplicar bonificacións na AP-53
8.6 52073 (11/POP-008046)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as previsións da Xunta de Galicia para recibir a Plataforma pola Creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago de Compostela
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 474, do 29.03.2023
8.7 51879 (11/POP-008022)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre as melloras que vai recoller o novo contrato de transporte sanitario urxente
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 474, do 29.03.2023
8.8 52844 (11/PUP-000329)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para dar solución ao conflito que se está a vivir entre mexilloeiros e percebeiros por mor da extracción da semente de mexillón no medio natural
8.9 52852 (11/PUP-000331)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio
Sobre as previsións do Goberno galego para resolver o conflito da extracción da mexilla
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 18 de abril de 2023
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente