saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 5 de maio de 2023

A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 5 de maio de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 48427 (11/PNC-004150)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Prado Cores, María Montserrat e 2 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para atender os problemas de saúde mental

BOPG n.º 446, do 01.02.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:

 

1.- Facer público de xeito regular as memorias e informes do desenvolvemento do Plan de Saúde Mental de Galicia poscovid-19, e o Plan Galego de Prevención do Suicidio.

 

2.- Introducir nos cadros de persoal dos centros de saúde a especialidade de psicoloxía clínica, de xeito que estean presentes nas equipas multidisciplinares dos mesmos.

 

3.- Activar, con carácter urxente e efectivo, as medidas tendentes á eliminación de toda forma de coerción nos servizos de saúde mental, seguindo as directrices da Resolución 2291 (2019) da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa.

 

4.- Reforzar a sanidade pública, coa provisión dos recursos necesarios, para reducir unhas listas de espera actualmente insoportables (máis de 10.000 persoas esperando unha primeira consulta), e que son un factor claro de desigualdade no acceso á atención pública para as persoas con menos recursos económicos, con esperas de meses.

 

5.- Potenciar os recursos públicos a nivel residencial e comunitario fronte á externalización de servizos."

 

 Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 5 de maio de 2023 

- 50472 (11/PNC-004308)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto dos problemas do servizo de fisioterapia na área sanitaria de Ferrol

BOPG n.º 461, do 01.03.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a resolver os problemas do servizo de fisioterapia aprobando de xeito inmediato a carteira de servizos desta profesión, habilitando a derivación directa desde o MAP, así como a aumentar o cadro de persoal de profesionais até o ratio recomendado pola OMS."

 

- 50957 (11/PNC-004355)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para aprobar o decreto regulador do programa galego de cribado neonatal

BOPG n.º 467, do 15.03.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a aprobar neste ano 2023 o decreto regulador do programa galego de cribado neonatal actualmente en trámite e a desenvolver tamén neste ano a primeira actualización do panel de enfermidades a cribar a través do novo Comité asesor do Programa."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina