saltar ao contido

Visita institucional do delegado do Goberno ao Parlamento de Galicia

 

 

 

Santiago, 8 de maio de 2023.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía no seu despacho da Cámara ao delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, que continua deste xeito a rolda de visitas institucionais posteriores á súa toma de posesión.

 

Santalices trasladou a Gómez Besteiro a “absoluta lealdade institucional" do Parlamento de Galicia no marco da Constitución e o Estatuto de Autonomía.  O delegado do Goberno asinou no libro de honra do Parlamento de Galicia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

 


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina