saltar ao contido

​Santalices congratúlase da crecente atención da poboación ao coidado da saúde

​ 

  • O presidente do Parlamento inaugurou en Santiago o 50 Congreso Nacional da Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía

 

Santiago, 10 de maio de 2023.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, inaugurou esta tarde en Santiago o 50 Congreso Nacional da Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía (AEDV), entidade que engloba á maior parte dos dermatólogos españois.

 

O titular do Lexislativo galego congratulouse da crecente atención da poboación ao coidado da saúde, en xeral, e  as doenzas e coidados da pel, en particular. Atribuíu esta actitude ás campañas de concienciación impulsadas polos profesionais da dermatoloxía e pola propia Academia da especialidade. Reiterou a dispoñibilidade do Parlamento de Galicia  para seguir avanzando nesta liña.

 

Santalices Vieira subliñou que “España e Galicia dispoñen dun dos mellores sistemas asistenciais do mundo, e esa realidade tamén queda acreditada nesta especialidade médica e nos seus grandes profesionais, como os que traballan nos servizos de dermatoloxía dos hospitais do Servizo Galego de Saúde".

 

O presidente do Parlamento de Galicia fixo tamén referencia ao prestixio da denominada Escola Médica Compostela, “que traspasa fronteiras". Neste sentido, tivo unha “lembranza entrañable para un dos nosos grandes dermatólogos de todos os tempos: o Dr. Manuel Pereiro Miguens, falecido hai pouco máis dun ano cando contaba 100 anos de idade, despois dunha vida consagrada á dermatoloxía e á investigación, especialmente no ámbito da micoloxía médica, na que era todo un referente".

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina