A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 23 de maio de 2023, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
- 46732 (11/PNC-004030)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 13 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a defensa dos sectores gandeiro e marítimo-pesqueiro de Galicia
BOPG n.º 436, do 12.01.2023
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a executar a presión negociadora necesaria co obxecto de que se aplique á rebaixa tributaria dos alimentos básicos e que se consideren produtos de primeira necesidade tamén polo Goberno central á carne e ao pescado -e ás súas conservas-, co fin último de estimular a demanda interna e mellorar as previsións de crecemento da economía de ámbolos dous sectores, evitando o prexuízo derivado da iniciativa recentemente aprobada polo Goberno de España.
Que a Xunta de Galicia volva a reiterar o Goberno de España a necesidade de ter en conta as peculiaridades territoriais da nosa Comunidade na distribución dos fondos recollidos no Real Decreto-Lei sobre medidas urxentes para paliar a seca e os efectos da invasión rusa de Ucraína en beneficio do sector primario e en especial a favor do vacún de carne e rectifique os criterios de reparto para que os gandeiros galegos perciban o 100% das axudas directas previstas".