saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 30 de maio de 2023

 

 

        

3.2    45188 (11/PNP-003836)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodeiro Tato, Ovidio e 7 máis

Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España para reiterar a necesidade de deseñar unha proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade con criterios homologables e uniformes

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 428, do 28.12.2022

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para reiterar a necesidade de deseñar unha proba da ABAU con criterios de avaliación homologables e uniformes, así como que se adíe o calendario de implantación e se elimine a proba de madurez que pretende instaurar o Ministerio, xa que diminúe o nivel de esixencia e, por conseguinte, xera máis desigualdade".

        

3.3    50219 (11/PNP-004140)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Nóvoa Iglesias, Marta e 13 máis

Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España  para que garanta a cogobernanza real e efectiva coas comunidades autónomas do ecosistema industrial español, así como dos fondos Next Generation UE destinados á industria

Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 458, do 22.02.2023

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

 

1.   Demandar ao Goberno de España que garanta a cogobernanza real e efectiva coas Comunidades Autónomas na estrutura de gobernanza do ecosistema industrial español.

 

2.   Defender ante o Goberno de España as competencias exclusivas en materia de política industrial establecidas no Estatuto de Autonomía de Galicia, de xeito especial, no referido ao contido e alcance do anteproxeto de lei de Industria.

 

3.   Demandar ao Goberno de España que xestione cunha cogobernanza real e efectiva os fondos Next Generation UE destinados á industria, evitando poñer en risco os principais proxectos tractores promovidos desde Galicia para favorecer o noso desenvolvemento industrial, nun marco que favoreza a complementariedade das accións públicas e privadas".

 

        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina