saltar ao contido

Alumnado gañador do premio Estatuto de Autonomía visita o Parlamento de Galicia

Santiago, 2 de xuño de 2023.- Unha delegación do alumnado gañador da décima edición do Premio Estatuto de Autonomía de Galicia, convocado pola Deputación de Ourense, visitou esta mañá a sede da Cámara galega, onde foron recibidos polo seu titular, Miguel Ángel Santalices Vieira.

 

O premio foi entregado o pasado 11 de abril. Os corenta alumnos premiados pertencen aos centros Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas, CPR Plurilingüe Sagrado Corazón O Carballiño, CPR Plurilingüe Miraflores, CPR Concepción Arenal, CPR Plurilingüe Padre Feijóo - Zorelle, CPR Plurilingüe La Purísima e CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán de O Barco Valdeorras.

 

A vintena de alumnos e alumnas que hoxe visitaron o Parlamento de Galicia cursan estudos no CPR Plurilingüe Divina Pastora e no Colexio Plurilingüe Padre Feijóo – Zorelle.

 

Durante o encontro, Santalices explicou ao estudantado as orixes e o funcionamento da Cámara galega e incidiu na importancia do Estatuto de Autonomía, como clave para o desenvolvemento do autogoberno que Galicia exerce desde hai algo máis de catro décadas.

 

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina