saltar ao contido

Minuto de silencio no Parlamento de Galicia contra a violencia machista despois do crime de Oia

Santiago, 5 de xuño de 2023.- O Parlamento de Galicia gardou este mediodía un minuto de silencio en repulsa contra a violencia machista, logo do asasinato dunha muller en Oia o pasado sábado.

 

A concentración, celebrada na escaleira exterior do Pazo do Hórreo contou coa participación do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, integrantes da Mesa da Cámara, portavoces dos grupos parlamentarios, deputadas e deputados e persoal da institución. Tamén se sumou a valedora do Pobo.

 

Logo deste novo crime machista, o presidente do Parlamento sinalou que  “non hai palabras abondo para dicir basta" e fixo un chamamento para “que ninguén baixe a garda ante a mínima sospeita", porque “hai recursos e hai saída".

 

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina