saltar ao contido

Acordo da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 7 de xuño de 2023

A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 7 de xuño de 2023, adoptou o seguinte acordo:

 

Procedementos de control e impulso

 

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 48229 (11/PNC-004127)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Vázquez Domínguez, Sandra e 7 máis

Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para conmemorar o 40 aniversario da Lei de normalización lingüística

BOPG n.º 446, do 01.02.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a elaborar unha programación especial para conmemorar o 40 aniversario da Lei de Normalización Lingüística."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina