4.1 50866 (11/PNP-004204)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para facer constar como se materializaron os fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia recibidos do Estado
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 465, do 08.03.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a remitir de forma periódica ao Parlamento os informes de seguimento presentados ao Consello da Xunta respecto dos fondos europeos de recuperación".
4.3 53348 (11/PNP-004423)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para mellorar a prevención da fraxilidade osteomuscular e a asistencia ás persoas que a padecen
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 492, do 10.05.2023
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a realizar un proceso asistencial integrado (PAI) do abordaxe da fraxilidade osteomuscular que homoxeneice a asistencia e a prevención deste proceso, integrando accións en Atención primaria e Atención hospitalaria (rehabilitación, traumatoloxía, reumatoloxía, entre outras especialidades) para estandarizar os coidados destas persoas e tendo en conta as necesidades específicas para o súa prevención e tratamento".
4.5 53572 (11/PNP-004446)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Freire Vázquez, María Begoña e 6 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España para que desenvolva as negociacións oportunas dirixidas a acadar un pacto nacional pola vivenda
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 494, do 16.05.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que desenvolva as negociacións oportunas dirixidas a acadar un Pacto Nacional pola Vivenda no que, entre outras medidas, contemple as seguintes:
Saúdos, Gabinete de Comunicación.