A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 22 de xuño de 2023, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 52121 (11/PNC-004469)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 14 máis
Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España para que solicite da Unión Europea a necesidade de ampliar os criterios que se teñen en conta para a declaración de zona escasamente poboada
BOPG n.º 475, do 30.03.2023
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno de España para que solicite da Unión Europea a necesidade de ampliar os criterios que se teñen en conta para a declaración de zona escasamente poboada, incorporando a taxa de envellecemento, a dispersión poboacional, entre outros, de tal xeito que Galicia poida ter acceso aos beneficios e recursos públicos que esta consideración trae aparellados."