saltar ao contido

Toman posesión sete novas deputadas e deputados do Parlamento de Galicia

 

Santiago, 27 de xuño de 2023.- O Pleno do Parlamento de Galicia comezou este martes coa toma de posesión de sete novas deputadas e deputadas da Cámara que prestaron promesa ou xuramento.

 

Os deputados e deputadas que tomaron posesión son os seguintes:

 

  • Moisés Blanco Paradelo, deputado do PPdeG por Ourense, que substitúe a Marta Nóvoa Iglesias.
  • Cristina Fernández Davila, deputada do BNG por Pontevedra, en substitución de Manuel Lourenzo Sobral.
  • Susana López Abella, deputada do PPdeG por Lugo, que substitúe a Daniel Vega Pérez.
  • Diego Lourezo Moura, deputado do BNG por Ourense, en substitución de María González Albert.
  • Paula Mouzo Mas, deputada do PPdeG pola Coruña, en substitución de Ovidio Rodeiro Tato.
  • Ángel Rodríguez Conde, deputado do PPdeG pola Coruña, que substitúe a José Manuel Rey Varela.
  • Katherinie Varela Fernández, deputada do PPdeG por Lugo, en substitución de Sandra Vázquez Domínguez.

 

 

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina