saltar ao contido

Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 4 de xullo de 2023

Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 4 de xullo de 2023

        

3.3    54979 (11/MOC-000169)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Carreira Pazos, Iria

Sobre as políticas para afrontar os delitos de odio e a fobia ao colectivo LGBT. (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 54234, publicada no BOPG núm. 506 do 14 de xuño de 2023, e debatida na sesión plenaria do 27 de xuño de 2023)

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

 

1º.- Realizar e remitir ao Parlamento un informe no que conste a situación dos centros Quérote+ no que se detallen, cando menos, os seguintes aspectos: persoal contratado en cada centro, cantidade de atencións prestadas desglosadas por meses e centro, e campañas realizadas  tanto de carácter interno como colaborador noutras entidades.

 

2º.- Elaborar un plan de formación completo de todos os profesionais que interveñen no proceso de detección, denuncia, acompañamento e restauración dunha persoa que sofre violencia LGBTfóbica, así como plans de formación en materia LGBT, de carácter obrigatorio para todo o persoal traballador público, en especial todo aquel que atenda á cidadanía en situacións de vulnerabilidade: persoal sanitario, forzas de seguridade, persoal de servizos sociais, comunidade educativa, etc.

 

3º.- Deseñar un plan galego para a prevención e o acompañamento das persoas que sofren violencias LGBTfóbicas. Este plan contará cunha perspectiva multidisciplinaria, coa voz e a experiencia dos colectivos, coas familias e coa mobilización de recursos e orzamentos necesarios para desenvolvelo. Este plan contará cun mapa de recursos completo e accesible, que incluirá os recursos existentes no ámbito das organizacións e colectivos, a nivel municipal, galego e estatal, que operan no territorio galego".

Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina