A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 6 de setembro de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
- 51334 (11/PNC-004381)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 14 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España para que transfira fondos europeos para a súa xestión directa
BOPG n.º 467, do 15.03.2023
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por10 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España a transferir fondos europeos para a súa xestión directa co obxectivo de garantir a viabilidade dos principais proxectos tractores galegos, ao igual que ten feito con outras Comunidades Autónomas, garantindo os seguintes principios:
- Máximo respecto ás competencias exclusivas de Galicia, nomeadamente as relativas ao fomento e á planificación da actividade económica en Galicia, así como na industria, tal como recolle o Estatuto de Autonomía para Galicia.
- Descentralización dos fondos e da súa xestión e execución.
- Garantir a adxudicación dunha porcentaxe dos fondos superior ao que vimos recibindo doutros programas europeos que reparte o Goberno central, en base á situación demográfica, medioambiental e industrial, entre outras.
- Buscar garantías para que os fondos públicos para a reactivación da economía contribúan a manter o emprego existente nas empresas receptoras."