saltar ao contido

José Luis Regueiro Fernández e Sandra Vilela Riveiro toman posesión como deputados do Parlamento de Galicia

Santiago, 12 de setembro de 2023.- José Luis Regueiro Fernández e Sandra Vilela Riveiro tomaron posesión esta mañá dos seus escanos como deputados do Grupo Parlamentario Popular de Galicia polas circunscricións de Lugo e A Coruña, respectivamente.

Regueiro Fernández substitúe como deputado no Parlamento de Galicia a Francisco José Conde López. Nacido na Fonsagrada no ano 1987, José Luis Regueiro Fernández é licenciado en Administración e Dirección de Empresas e técnico en Emerxencias Sanitarias con certificado de profesionalidade para a docencia de formación profesional para o emprego. Ademais, conta cun curso superior en correduría de seguros.  Na actualidade, é responsable de formación e técnico en emerxencias sanitarias, ademais de socio  e administrador dunha correduría de seguros e dunha empresa de servizos funerarios. É, dende o ano 2017, presidente do Partido Popular da Fonsagrada e foi candidato á Alcaldía dese concello nas municipais do 2019.

Sandra Vilela Riveiro tomou posesión este martes como deputada do Partido Popular en substitucion de Pedro Puy Fraga.  Nacida en Muxía no ano 1987, Sandra Vilela Riveiro é profesional do sector dos seguros e foi candidata do PP á Alcaldía de Muxía en 2019 e 2023.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina